VIgo

Vertixe Sonora abre a cidade á música de vangarda

Ramón Souto mostrou ao alcalde Abel Caballero os utensilios cotiás cos que interpretan obras contemporáneas. Xunto aos arcos de violas, dous cazos con auga, culleres, cencerros e un testo serviron para interpretar a “Doppleriana” de Loevendie.
photo_camera Ramón Souto mostrou ao alcalde Abel Caballero os utensilios cotiás cos que interpretan obras contemporáneas. Xunto aos arcos de violas, dous cazos con auga, culleres, cencerros e un testo serviron para interpretar a “Doppleriana” de Loevendie.

O festival acollerá intérpretes de oito nacionalidades con propostas sonoras para escoitar en distintos espazos urbanos

Regresa Vertixe Vigo e faino cun programa cheo de propostas musicales, que suman o son de vangarda con accións artísticas en distintos ámbitos da creación.  
A segunda edición do festival terá lugar durante seis días do mes de novembro. Fiel a súa filosofía, Vertixe Vigo leva as actuacións a espazos alternativos. Sirvent acollerá o 6 novembre o estreno de “Produktionsmittel II” de Joan Amau Pàmies. O Verbum será esceario de “On Serra: A book of forms”, de Valerio Sannicandro para Vertixe Ensemble. O 20 de novembro a acción trasladarase ao Colexio de Arquitectos coa  Ensemble Sinkro de Euskadi con “El lugar callado”. O día 27, a Escola de Enxeñería de Minas ofrecerá as súas instalacións a Particles coas  Obras “Anna S. Parvaldsdottir” e “Ju Ri Seo”. Sumarase o café De Catro a Catro o día 28, con Cráter que desenvolverá as obras de Barthélemmy, Traiani e Frasch. La Caja, en Alcabre, ofrecerá o concerto de clausura, o 30, cunha homenaxe a Marcelo Toledo protagonizada por un ensamble de nove músicos.
Centrado por definición en Vigo, nesta ocasión o festival expándese a Pontevedra de man da  Universidade de Vigo. Propondrá unha instalación sonora de man de Juan Cantizano, que ofrecerá una charla en Belas Artes. 
“O festival convertirá a Vigo no centro internacional da música contemporánea durante estos días, chega avalado por diferentes universidades internacionais”, apuntou Ramón Souto, de Vertixe Sonora, onte, na presentación do programa. No acto contou coa presenza da Javier Pérez Buján, que dende a Fundación Laxeiro organizou a primeira proposta da música contemporánea: “Vertixe toma o testigo desa primeira experiencia; é interesante que manteña unha continuidade no tempo, mirando ao pasado e ao futura”, sinalou Buján.n

Te puede interesar