VÍCTOR FREIXANES Presidente da RAG e pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

“Ter unha cosede da real academia galega en Vigo é unha oferta moi xenerosa”

Víctor Freixanes falará de Vigo e de Galicia o día 26 en Castrelos
photo_camera Víctor Freixanes falará de Vigo e de Galicia o día 26 en Castrelos

  Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951), presidente da Real Academia Galega dende marzo deste ano, regresará á cidade este mércores para exercer de pregoeiro do Día de Galicia en Vigo. Na conmemoración, que se celebrará nos xardíns de Castrelos, un día despois da efeméride, fará lectura do bando municipal, do cal adiantou algo para os lectores de Atlántico.

Que supón ser o pregoeiro local nun día tan especial?
Convidoume o alcalde e despois de desenvolver toda a miña vida profesional en Vigo, débolle moito a esta cidade e resultaríame moi difícil negarme. Escribín un bando moi vigués, como eu o sinto, como o pulmón de Galicia.

Entón vaise centrar máis na cidade que no país?
Falo de Vigo e tamén de Galicia. Comezou a miña intervención apuntando que “celebramos a modernidade dunha Galicia soñada dende a cidade de Vigo”, xa que sempre participou de forma activa e xenerosa na vida galega tanto no 36 como na época parlamentaria.

Aproveitando o convite que lle fixeron, o alcalde propuso unha cosede da Real Academia Galega en Vigo, como presidente da RAG, que lle parece a idea?
Non é a primeira vez que se fala diso. Propúxose cando lle adicaron o Día das Letras Galegas a Álvarez Blázquez (17 de maio de 2008). Pero bueno, aínda que xurdira en Coruña, a Real Academia Galega é tódolos galegos, non só dos políticos, senon tamén dos empresarios e da sociedade civil. Ter unha cosede da RAG en Vigo é unha oferta xenerosa que valoro dentro da política de colaboración entre os concellos e a Academia. De tódolos xeitos, tomar esa decisión implica a toda a institución.

A petición está xustificada polo rexedor ao seren os tres últimos presidentes de Vigo.
Alonso Montero, aínda que naceu en Vigo, pasou case toda a súa nenez en Ribadavia; e Méndez Ferrín traballou e reside en Vigo, pero naceu en Ourense. Eu nacín na cidade de Pontevedra, do que estou moi orgulloso, aínda que é certo que todo o que son profesionalmente logreino en Vigo, foi onde naceron os meus fillos, escribín os meus libros, desenvolvín a miña traxectoria como editor ou como docente e están os meus mellores amigos. Teño a miña vida nesta cidade e veño moi amiúdo.n

Te puede interesar