PEDRO FEIJOO Presentou “Sen Piedade” na Feira do Libro de Vigo

“Síntoo un pouco máis só que cando empecei, son algo marciano como escritor”

Pedro Feijoo (no centro), nun dos routeiros organizados na Feira do Libro.
photo_camera Pedro Feijoo (no centro), nun dos routeiros organizados na Feira do Libro.

 Pedro Feijoo (Vigo, 1975) xa non precisa presentación. Escritor, este ano tivo un peso importante na Feira do Libro ao realizar routeiros polo Casco Vello para amosar en vivo e en directo o que recolle un dos seus últimos títulos.

Onte sentou nunha caseta, xunto a Manuel Bragado para falar da evolución da súa escrita ata o seu último libro “Sen Piedade” (Xerais, 2018).


Mudou o autor de “Fillos do Mar”  (2012), o seu primeiro grande éxito literario, ao de “Sen Piedade”?
Véxome igual, en prácticas e tentando aprender. Tento facelo o mellor posible día a día, porque neste traballo hai moito ensaio e moito erro. Se alguén soubera como se escribe a novela que guste a todos, xa o tería feito. O que si é certo é que me sinto un poco que cando empecei. Á contra do que dixo no seu día Bragado, non creo que forme parte de ningún grupo ou xeración. As miñas obras non están ailladas, perseguen unha intención que non recoñezo noutro. Son algo marciano como escritor.


O responsable do seu grande reclamo na Feira é o éxito de “Camiñar o Vigo Vello” (Xerais, 2018). Agardaba tan boa acollida?
Non o esperaba e moito máis co que custa hoxe vender un libro. Eu escribo buscando a implicación do lector. Con só chegar a dúas ou tres persoas, xa cumplía, pero vender milleiros de exemplares, non o agardaba. É unha alegría.


Dende “Os fillos do mar” a súa producción ten sido moi prolífica. Onde está o segredo?
Teño moi pouca vida social. En realidade, non é un capricho. Dende que me metín nesto, tento construir, tecer algo. Neso estou.


Coa súa última novela, “Sen Piedade”, semella que racha co seu estilo anterior?
O lector non se pode fiar, a novela non se resolve ata o final. É unha acción que transcorre en tempo, non porta nengún aparato histórico como as anteriores. Semella unha fuxida, pero a realidade é outra. Ten moitas capas, que hai que ir descubrindo.


Escolle a dous descerebrados para protagonizar a historia, ao estilo Tarantino?
Pode haber algo porque é unha das miñas referencias, pero as protagonistas son elas, as que non teñen diálogos e case nen se nomean.

Te puede interesar