CARMEN DOMÍNGUEZ NOVELISTA, PRESENTOU ONTE A SúA óPERA PRIMA “A FIN DUN REINO”

“Sentín a necesidade de escribir sobre galicia, quero que a xente coñeza o noso pasado”

Carmen Domínguez mostra onte a súa primeira novela.
photo_camera Carmen Domínguez mostra onte a súa primeira novela.

Carmen Domínguez Grandal (Vigo, 1958) é farmacéutica especialista en análise clínicas, mais onte mudou o seu eido profesional y deu un chanzo á literatura. En Librouro presentou a súa primeira novela, “A fin dun reino”.
Contextualiza a súa historia na Idade Media. Por que elixíu este periodo?
Na Idade Media, Galicia chegou a ser un reino con Ordoñez que logrou o seu esplendor no século X. Cos Reis Católicos proibíuse o galego e aí está a explicación do descoñecemento que temos da nosa historia. Quero que a xente coñeza esta parte do noso pasado.
Cando lle xurde a idea de reivindicar a identidade galega a través dunha novela?
Cando estudaba farmacia en Santiago,  moitos compañeiros eran vascos. Sorprendía a defensa que facían do seu, festexaban a súa cultura e a súa lingua; mentres eu correxía aos meus pais se falaban en galego. Fíxome recapacitar. Empapeime na historia de Galicia, lendo libros e documentándome. Sentín a necesidade de escribir sobre Galicia.
O libro está escrito en galego, pero a contraportada redáctase en castelán. Por que esta mestura?
Porque as feridas poden sanar. Cando empecei a escribir estaba moi enfadada coa sorte que acompañou a Galicia, pero a trama foi evoluíndo ata finalizar dun desenlace pacífico e esperanzador. Xunto ao galego e ao castelán, tamén aparece a adicatoria aos meus fillos que teñen nome árabe. O final do libro é un canto ao entendemento. Esta inspiración xurdíu despois dos atentados de Francia.n

Te puede interesar