vigo

Os segredos de Carlos Casares ao descuberto

Os segredos de Carlos Casares ao descuberto
photo_camera Os segredos de Carlos Casares ao descuberto

  “Os mundos de Carlos Casares” inaugurouse onte na Casa Galega da Cultura. A mostra englóbase na programación co gallo da elección do autor no Día das Letras Galegas. Fai un percorrido pola curiosidades que rodearon a vida do escritor e recolle preto de 500 pezas da vida do autor.
Na escolma de obxectos destacan as imaxes da infancia, elementos persoais, manuscritos e mesmo o seu certificado de voda. A mostra divídese en cinco etapas: “Paisaxes”, “Luzadas”, “A viaxe”, “Conviña” e “O redondel”, que van explicando as cuestións fundamentais da súa vida, da súa produción literaria e do seu compromiso co país e as súas xentes; desde a parte máis familiar e a súa vida de estudante, ata os seus comezos literarios, as súas viaxes ou a súa etapa como profesor e xornalista.
O proxecto creado pola Fundación Casares, co apoio de distintas institucións, permanecerá en Vigo ata o próximo 5 de outubro.n

Te puede interesar