ANTONIO PIÑEIRO AUTOR DE “A IDENTIDADE FASCINADA”, QUE ONTE PRESENTOU EN VIGO

“Santiago recolleu o espírito da movida e levouno ao mundo dos estudantes”

Antonio Piñeiro, onte na Feira do Libro de Vigo.
photo_camera Antonio Piñeiro, onte na Feira do Libro de Vigo.

A Feira do Libro tivo onte a visita de Antonio Piñeiro que presentou o seu libro, “A identidade fascinada”. Publicada por Galaxia, a medio camiño do ensaio e da crónica en primeira persoa aborda o cambio experimentado pola Universidade de Santiago de Compostela nos anos 80. Así, o contou para Atlántico Diario, momentos antes da súa intervención.


Por que recupera agora a década dos oitenta en Santiago?
Resposto con outra pregunta: como é que ata agora non se falou  desto? Foi un momento crucial nunha universidade aperturista cunha grande forza social que merecía ser tocado. Coñezo algún outro autor que está traballando nesta mesma época.
Vostede foi unha testemuña directa, que vivíu en primeira liña o acontecido. Como lembra á Compostela dos 80?
O que máis me marcou foi o tipo de amizade que había. Mesturaba moitas cousas. Xurdía en cada lugar e en cada momento. Estaba marcada pola alegría. a vitalidade, a liberdade, a ilusión,  pero tamén a intelectualidade.
En Vigo falar dos 80 é falar da Movida. Tivo Santiago o seu propio espertar á modernidade?
Os cambios dos 80 foron a consecuencia directa da mudanza democrática vivida catro ou cinco anos antes. Vigo tivo a inquedanza e a fortuna de construir unha liña de pensamento musical e artístico que lle levou a un irmanamento con Madrid. En Santiago foi outra cousa, recolleu o espírito da Movida e levouno ao mundo dos estudantes, o que se vivía na rúa e que experimentou un incremento enorme, chegando a duplicar a poboación no período lectivo.
Estaba a cidade preparada para  ese boom universitario?
Probablemente non, pero se foi adaptando coa axilidade necesaria. O aumento de universitarios fixo preciso dividir os campus.
Acaba o seu libro coa bomba de Clangor. Significou o final da inocencia?
O espírito vitalista quedou roto, danado por un repentino ataque que non se podía concebir, ninguén entendou como se levou unha bomba ao interior dunha discoteca. Casou un dano espantoso, horrible. Coincidíu co esmorecemento dunha época e contribuíu a por a porta final.n

Te puede interesar