Santalices loa a relación do idioma galego e luso

Santalices, durante a súa intervención na xuntanza.
photo_camera Santalices, durante a súa intervención na xuntanza.

O presidente do Parlamento aposta por aproveitar o escenario do "brexit"

nnn  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, avogou por aproveitar o "potencial lingüístico" de España e Portugal nun escenario posterior ao "brexit" para así "propiciar un achegamento das institucións e países comunitarios ao mundo hispanoamericano e á comunidade lusófona existente". 
Santalices expresouse deste xeito durante unha intervención qye tivo lugar con motivo da visita dunha delegación da Asemblea Lexislativa da Rexión Autónoma dos Azores, encabezada pola súa presidenta, María Luísa Pereira Luís, co obxectivo de fortalecer os vínculos de Galicia coa lusofonía e viceversa.
O presidente do Lexislativo galego considerou que España e Portugal "viviron de costas tempo de máis" e que, dun tempo para acó, comezaron a valorar realmente a fronteira que comparten ambos os países como espazo de intercambio comercial e cultural. A iso contribuíron, engadiu, as "pontes e ferramentas novas" dispoñibles desde a adhesión de ambos os Estados á Comunidade Económica Europea e a posta en marcha de diferentes áreas de traballo como a que abarca a rexión Galicia-Norte de Portugal.
Santalices efectuou tamén unha defensa da lei de lusofonía, unha norma "orientada a sacar proveito dun elemento" que "diferencia e enriquece": a "intercomprensibildiad" das lingua galegas e portuguesa.n

Te puede interesar