vigo

Rosalía de Castro e a súa biógrafa, unidas na homenaxe

O auditorio municipal acolleu a homenaxe a Rosalía de Castro.
photo_camera O auditorio municipal acolleu a homenaxe a Rosalía de Castro.

A poesía foi a mellor ferramenta para conmemorar o aniversario do nacemento da escritora de Padrón, o 24 de febreiro de 1837

nnn A lectura dalgúns dos poemas máis destacados de Rosalía de Castro e a intervención de Xesús Alonso Montero, viúvo de Victoria Ruiz de Ojeda, biógrafa da poeta, serviron para unir ao persoaxe e á investigadora dunha mesma homenaxe, onte, no auditorio municipal.
Co gallo de Día de Rosalía, o 24 de febreiro, que conmemora o nacemento da poetisa, a secretaría xeral de Política Lingüística, o IES de Mos e o Club de Lectura Amibros organizaron unha velada chea de versos.
A escritora María Xosé Queizán, pioneira do feminismo en Galicia, recitou o poema reivindicativo, “A xustiza pola man”, do seu libro “Follas Novas”. Á seguir tomou a palabra Montse Copa, integrante do club de lectura vigués, para por voz a dous poemas “De soidás morríase” e “No claustro”.
Tampouco faltaron os clásicos na segunda parte, na que a rapsoda Cameliña declamou “Adiós ríos, adiós campos” e “Negra sombra”. Tamén se recolleu a imaxe que de Rosalía de Castro tiveron outros poetas. Laura Landeira leu a composición de Curros Enríquez, “A Rosalía” e un poema en galego de García Lorca, “Canzóns de cuna pra Rosalía de Castro morta”.
O momento emotivo chegou cando se lembrou a investigadora Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, de boca do seu viuvo, Xesús Alonso Montero, ex-presidente de Real Academia de Lingua. Ao acabar o acto repartíuse entre os asistentes a homenaxe publicada por Ruiz de Ojeda na revista “Madrygal”. A edición foi coordinada pola profesora Patricia Arias, tamén resposable da homenaxe. Inclúe tamén traballos inéditos sobre Rosalía de Castro como o poema de Luz Pozo e traballos de propio Alonso Montero, Arias Chacheco, María do Cebreiro e María Xesús Lama.n

Te puede interesar