vigo

O retorno de Carlos Casares ás páxinas da revista “Grial”

A presentación de “Grial”, con Casares "presente" e no público Freixanes, presidente da RAG.
photo_camera A presentación de “Grial”, con Casares "presente" e no público Freixanes, presidente da RAG.

A familia editorial rendeu homenaxe a quen foi o seu director trece anos dende 1989 ata o ano do seu falecemento, 2002

nnn A Revista Galega da Cultura vencellada á editorial Grial e á Fundación Penzol, “Grial”, recupera na seu último número parte da súa historia os últimos anos do século pasado, cando Carlos Casares estaba ao fronte. Así, coincidindo coa adicatoria das Letras Galegas, a publicación fai unha homenaxe a quen foi o seu director durante trece anos, do 1989 ao 2002 e súmase ao Ano Carlos Casares. Comeza Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia de Galicia (RAG) con “Volver a Casares”, onde escribe como xurdíu o compromiso de Casares: “O concerto de Raimon no estadio da Residencia (Universidade de Santiago) foi unha primeira chispa que prendeu a fogueira, vento novo que falaba con palabras novas”.
Á seguir, Henrique Monteaguado, o seu recente biógrafo, coordina a sección “Seis achegas a Carlos Casares”, onde participaron Ricardo Gurriarán analizando os seus primeiros anos, “Do frío da Limia ao calor de Ramón Piñeiro”, Xosé Ramón Quintana fai un achegamento ao compromiso de Casares con “Do franquismo á democracia”; Antón Baamonde descubre en “Casares bifronte”, as súas dúas facianas: a creativa fronte á seria e responsable. No caso de Dolores Vilavedra, escolle centrarse no seu legado na escrita con “A singularidade literaria de Carlos Casares”. Moi en relación con esta aportación está a de Grial Parla que repasa as súas colaboracións xornalísticas en “O columnismo de Carlos Casares”. Finaliza a homenaxe Carlos Fernández delitándose na pegada do escritor precisamente en “Grial”. Onte, na Casa Galega da Cultura, coa presenza do alcalde, Manuel Puga (Fundación Penzol), Henrique Monteagudo, Dolores Vilavedra e Carlos Fernández presentaron o último número da revista, que xa está a venda na web da editorial por 12 euros.n

Te puede interesar