FRANCISCO LEIRO LOIS Escultor, Medalla de Galicia 2016

“Esta é unha profesión moi variada, pero onde me sinto máis cómodo é no proceso creativo”

Francisco Leiro, cunha das súas pezas no seu taller.
photo_camera Francisco Leiro, cunha das súas pezas no seu taller.

 A Xunta entregará hoxe, na véspera do Día da Patria, o seu máximo galardón, a Medalla de Galicia, ao artista Francisco Leiro, nado en Cambados, pero moi vencellado a esta cidade, onde expón variados exemplos da súa producción.

O escultor compartirá galardón co grupo de rock ourensán Los Suaves, co arquitecto Manuel Gallego Jorreto e co filólogo Basilio Losada Castro. Coincidindo co bo tempo, Leiro trasladou a residencia a súa casa de Cambados, de onde valorou para Atlántico esta distinción.

Como se sinte un ao ser profeta na súa terra?
O certo é que non esperaba nada. Este tipo de premios recíbense, cando cho deciden dar. Dende logo, supón unha honra ser galardonado coa Medalla de Galicia.
É un premio xusficado na forza e na calidade da súa producción que o converteu nun dos escultores galegos con maior sona internacional. Moita da súa obra xorde o retirar materia do bloque. Atópase a gusto con este concepto de escultura?
É unha das formas de facer, pero hai moitas maneiras. Eu toco tódalas facetas. Onde realmente me sinto cómodo é no proceso de creación. Esta é unha profesión moi variada que require de distintas fases, incluso no transporte se atopa interese.
Cando as pezas son das dimensións das súas, o traslado será complicado.
Normalmente fago traballos monumentais e precisan de toda unha loxística para os mover. Tamén hai algo de creativo no seu desprazamento. Gústame porque supón un reto a maiores.
Aínda que utiliza todo tipo de material, identifícase coa madeira. Que atopa neste elemento?
Se me coñece pola escultura de madeira, pero teño de todo: granito negro como a da peza do campus de Vigo; acero inoxidable no Sereo ou ferro con bronce nos Nadadores. Non creo que haxa un material definitivo para a escultura.
Cando un artista chega ao seu recoñecemento, traballa por encarga ou por inspiración?
Son un artista de taller. O meu traballo consiste nun proceso creativo e levo moitos ao tempo, que van evolucionando, metamorfoseando. Fágoo o meu labor con liberdade absoluta, aínda é certo que ás veces, pídenme algo concreto e teño que adaptarme as condicións.n
 

Te puede interesar