vigo

Óscar Ibáñez leva a unha viaxe sonora alén do mar

O gaiteiro Óscar Ibáñez (Pontevedra, 1976) vendrá a Vigo.
photo_camera O gaiteiro Óscar Ibáñez (Pontevedra, 1976) vendrá a Vigo.

A xira do gaiteiro, agora en solitario, recala este sábado en Vigo

n n n A xira “Alén do mar” de Óscar Ibáñez&Tribo recala o vindeiro sábado (21:00 horas) no auditorio da Sociedade Cultural Helios de Bembrive, tras percorrer diferentes concellos e festivais de Galicia, Asturias, Cantabria e Bretaña. No concerto, promovido pola Deputación de Pontevedra, o gaiteiro e frautista pontevedrés, Óscar Ibáñez, presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario, unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico “chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través de unha selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta”.
Deste xeito mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa o seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta coma a habanera, o choro, o valse venezolano ou o tango, que atopou na outra ribeira.
Para esta nova proposta Oscar Ibáñez inspirouse no poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas aclamado “Poeta da Raza”. Tras descubrir este poema, o autor asumiu emocionado a tarefa de irmandar musicalmente o Vello e o Novo Mundo, a través das músicas de ida e volta e temática da emigración galega a América latina, nunha mestizaxe fresca, moderna e innovadora. Para poñer son a esta epopea transatlántica Óscar Ibáñez desenvolveu unha labor a medio camiño entre investigación e creación realizando así unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.
Para grabar “Alén do mar” Oscar Ibáñez contou cos excelentes músicos da súa Tribo formada por Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán, e coa colaboración doutros magníficos músicos experimentados procedentes de Galicia, Cádiz, Navarra, País Vasco, Cuba, Brasil, Argentina e Venezuela.
Para a coprodución diste traballo Oscar Ibáñez confiou na creatividade do guitarrista vigués Carlos Calviño.n

Te puede interesar