JORGE LAMAS Xornalista, presenta “Historias de Vigo”

“O medievo Vigués é un terreo a explorar, non sabemos nen cando acada o título de Vila”

Jorge Lamas, onte na Feira do Libro.
photo_camera Jorge Lamas, onte na Feira do Libro.

Jorge Lamas (Vigo, 1962), xornalista, licenciado en Xeografía e Historia e membro do Instituto de Estudios Vigueses, asinou onte exemplares de “Historias de Vigo”, nunha das casetas da Feira do Libro.


Por que aos vigueses lles custa tanto coñecer a súa historia?
Os historiadores ás veces no pensamos que a xente vai ler o que escribimos. Hai que utilizar unha linguaxe sencilla para facerse entender. Logo están os tópicos de sempre, que a cidade medrou rápido con xente de fóra. Ata a creación do Instituto de Estudios Vigueses non houbo ninguén que se interesase por divulgar a historia local despois de Álvarez Blázquez, a mediados do XX. A idea deste libro é contar un pouco as cousas básicas da cultura de Vigo. 
A lagoa na historiografía local  segue a ser a Idade Media, que pasa nesa época?
Vigo non é capital de provincia e en época romana tampouco ten poder administrativo, aínda que si económico. Ao caer Roma, ese poder non foi ocupado, nen pola Igrexa, que afastou os mosteiros da costa, nen pola monarquía. É complicado estudar esta etapa e os medievalistas tampouco lle dan moita bola. Vigo sempre aparece de rebote. O medievo vigués segue a ser un terreo por explorar, nen sequera sabemos cando acada o título de vila.
No seu libro consigue colocar a Vigo nos principais fitos históricos. Os vigueses chegaron a todas partes?
Fago un transcurso da historia a través de historias pequenas. Hai moitas anécdotas relacionadas con Vigo. O nome da cidade aparece no Tratado de Versalles (só se nomean dúas localidades españolas) porque o cable inglés y alemán entran por aquí. Así na información de prensa sempre asinan “vía Vigo” porque as noticias entraban por aquí a toda España. Pero os vigueses tamén estiveron en Flandes co Tercio de Valadares ou na guerra de África co avión “Vigo”. Coa situación que temos a historia local sempre está relacionada coa internacional.
Pero os problemas coas infraestructuras ou con otras localidades galegas seguen.
Es curioso que ata 1830 para levar unha carreta a Madrid tiveran que ir por Santiago e cando abre o ferrocarril chegábase antes por Lisboa. É o que conleva non ser capital de provincia. Tres veces tivemos a oportunidade, pero non a conservamos.
 

Te puede interesar