Sociedad

Mayoral sostén que Murguía quixo facer "mártir" a Rosalía

Marina Mayoral, durante o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.
photo_camera Marina Mayoral, durante o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.

A escritora leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega sobre a destrucción das súas cartas

n n n A escritora Marina Mayoral sostivo onte, no seu ingreso na Real Academia  Galega (RAG), que a destrución das cartas de Rosalía de Castro por parte do seu marido, Manuel Murguía, perseguía converter á autora nunha "mártir", aínda que considera que esta tarefa foi "inútil" porque "toda Rosalía está nos seus versos publicada".
Marina Mayoral (Mondoñedo, Lugo, 1942) converteuse onte en membro de honra cun discurso titulado "Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?", respondido polo académico de número Xosé Luís Franco Grande, promotor da súa candidatura.
Na sede da RAG asegurou que Manuel Murguía, que sobreviviu 38 anos á morte da súa muller, "construíra a imaxe dunha Rosalía mártir", polo que "para completar o seu labor de enaltecemento só faltáballe destruír as cartas, na que debía  aprecer unha Rosalía que non se axustaba a esa imaxe".
"Toda Rosalía está nos seus versos publicados. Nese sentido, a destrución das súas cartas foi  inúltil", engadiu a escritora, que tamén é catedrática na Universidade Complutense de Madrid ademais de novelista e investigadora.
Mayoral considerou hai 48 anos que a destrución das misivas debeuse á  proteción da súa propia imaxe, pero agora pensa que "a súa intención fundamentalmente non foi protexerse a si mesmo, senón protexer ante a posteridade a imaxe da súa muller". Lembrou o "desánimo" de Rosalía co seu traballo e a súa tendencia para romper as súas obras, fronte á imaxe construída por él dunha muller "que se  compadecía da dor allea e que mantivo sempre unha actitude digna e nobre ante a dor propia", polo que opina que a destrución das cartas está enmarcada no "proceso de  mitificación de Rosalía". As dúbidas de Mayoral chegaron por mor dunhas palabras da propia autora, que dixo que o seu marido traballaba "sen cesar" para facela "inmortal". Non errou, con todo, no seu importante "labor de protección e de defensa da imaxe da súa muller ao longo de toda a súa vida", que aínda persiste.n

Te puede interesar