María Victoria Moreno será a homenaxeada nas Letras 2018

María Victoria Moreno, na súa casa.
photo_camera María Victoria Moreno, na súa casa.

A RAG elexiu a esta escritora de orixe extremeña pola súa contribución á literatura pros máis novos

n n n O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 - Pontevedra, 2005), segundo fixo publico onrw a Real Academia Galega, que destacou a súa contribución á literatura en galego para os máis novos. A decisión adoptouse no transcurso dun Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado na Coruña, impóndose as outras candidaturas que concorreron a esta sesión, as de Ricardo Carvalho Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón. Moreno Márquez, covértese así na cuarta muller en ser homenaxeada nesta xornada.
O feito de que a elixida sexa precisamente unha muller -xunto coa incorporación de honra doutra, Mariña Mayoral- foi destacado polo presidente da RAG durante o acto, así como a contribución de María Victoria Moreno á literatura infantil e xuvenil.
Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora, e "enseguida asumiu a cidadanía en galego", lembrou a RAG, idioma no que enriqueceu as letras da Comunidade tanto en narrativa -principalmente para mozos lectores- como en estudos literarios, en ensaio, en poesía e en didáctica da lingua e da literatura galegas. "Eu non son alófona, por que o que practico, se é que escribo, podería definirse como unha amorosa autofonía. A miña relación con Galicia é a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declarou María Victoria Moreno en 1993.
María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura como profesora, tanto nas clases de lingua galega semiclandestinas que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra (Asociación de Amigos da Cultura, 1971-1974), Vilagarcía (1973-1975) ou Ourense (Ateneo, 1974-1975) como nas oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario. Polas primeiras, en concreto as impartidas no Ateneo de Ourense, a Policía de Pontevedra chegou a retirarlle o pasaporte a comezos de 1975 por entender que esta institución estaba gobernada por dirixentes subversivos.
En 1973, María Victoria Moreno publicou en Edicións do Castro o seu primeiro libro en galego, "Mar Adiante", ilustrado por ela mesma. Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo.n

Te puede interesar