vigo

O Kerouac dá o salto ao papel cun primeiro libro

Vanesa Álvarez, Santos Héctor, Carmela Silva, Francisco Castro e Marcos de la Fuente, co libro.
photo_camera Vanesa Álvarez, Santos Héctor, Carmela Silva, Francisco Castro e Marcos de la Fuente, co libro.

“Latexo Beat”, editado por Galaxia, recolle composicións en galego, castelán e inglés de 65 poetas pasados polo festival

 “O festival Kerouac dá un salto cualitativo moi grande coa publicación de este libro”. Así, o director de Galaxia, Francisco Castro, presentou onte “Latexo Beat”, unha escolma de 65 poemas pertencentes a 65 autores que participaron no festival ao longo das súas seis primeiras edicións. Con versos en galego, inglés e castelán, a primeira tirada será de 800 exemplares, “unha aposta moi forte”, segundo o editor, “xa que as publicacións medias de poesía rondan os 350 libros”.
Nomes como Olga Cameselle, Antonio García Teijeiro, Xurxo Nóvoa, Ibán Marciano, Iria Pinheiro, Juan Carballo, Lois Blanco Araúxo, Lupita Hard, Malvares de Moscoso, Manuel Janeiro, Marcos de la Fuente ou Miguel Ángel Alonso Diz son algúns dos participantes nesta iniciativa que nace con vocación de continuar e poder integrarse nunha biblioteca do Festival Kerouac. O título “Latexo Beat” fai referencia o movemento que liderou o poeta maldito que lle da nome, Jack Kerouac e co que comparte filosofía, polo que define a súa primeira publicación como “unha concentración lírica desmitificadora, moderna, onde os versos son ceodós e as rimas, cando as hai, lategazos”. Onte presentouse o poemario na sede én Vigo da Deputación que participa no proxecto. Asistíu a presidenta Carmela Silva; o edil Santos Héctor; o editor, Francisco Castro e os directores do festival, Marcos de la Fuente e Vanesa Álvarez. Silva quen definíu o libro como un “sopro de aire fresco”, asegurou que “a poesía é un xeito de construir un futuro mellor. 
De la Fuente resumíu o espíritu da publicación, apuntando que no festival Kerouac “loitamos pola nosa cidade e a cultura que se fai nela para facela máis grande e mellor”. O poeta invitou a Carmela Silva a participar na edición do Festival en Nova York o vindeiro mes de abril, onde tamén se presentará “Latexo Beat” que xa está nas librerías.

A poesía conquista a cidade dende os escaparates comerciais

 A séptima edición do festival Kerouac xa peta a porta. Coa programación oficial prevista do mércores da semana que vén ao domingo, 22, as actividades paralelas xa deixan pegadas na cidade. Así, a poesía ten conquistado os escaparates de distintos establecementos do centro urbán. Escritos polos propios autores, xa son visibles algunhas intervencións como en Vaidhe e P. Luca, na rúa Carral; en Electric Gallery, na rúa México; na librería Versus, en rúa Venezuela e en Sara García Peluqart: “É o primeiro ano desta experiencia, que queremos facer masiva”, indica De la Fuente.n

Te puede interesar