FÉLIX CABALLERO Autor de “O humor en cadriños II”, que presenta hoxe en Andel

“Hai catro xornais en Galicia que non teñen viñeta gráfica; é retroceder anos”

Félix Caballero, co seu novo libro.
photo_camera Félix Caballero, co seu novo libro.

nnn  O xornalista Félix Caballero (Logroño, 1967) presenta este serán, ás 20 horas, na librería Andel o seu último libro, “O humor en cadriños II”, onde publica unhas conversas con Pinto &Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide. 
Este é o segundo libro que adica a humistas gráficos. Que lle quedou?
Hai cinco anos presentei o primeiro libro de conversas coa xeración anterior, a de Siro. Sentín a necesidade de facer outra libro coa seguinte e escollín a sete novos.
Que criterio seguíu para os elixir?
Hai algún outro que tamén podía estar como Aguilera, pero tiña menos trato con el. Escollín aos que están en activo e teñen maior relevancia, publicando nas edicións xerais dos xornais galegos.
Existen diferencias entre ámbalas dúas xeracións?
Hai dúas diferencias principais. A primeira é a chegada da informática aos humoristas, co que desapareceron os orixinais, ademáis  trouxo o uso das redes sociais. Tivo a súa parte positiva, deulles máis liberdade e facilitoulles o traballo; pero tamén a tivo negativa, unificou o tipo de humor e xerou unha competencia desleal a través dos memes co que se desvalorizou a función do humorista gráfico como xornalista de opinión. A segunda diferencia é que a partir de 2008 comeza a crise de identidade do xornalismo e baixa o humor gráfico. Hai catro xornais en Galicia que non teñen viñeta gráfica, para min é retroceder anos. Na sociedade impera o políticamente correcto.
Pódese falar dunha escola galega?
Penso que non. Xurdíu con Castelao e desapareceu na guerra. Siro recuperouna. Agora os autores son moi bos, pero non teñen características gráficas que respondan a unha tradición galega.n

Te puede interesar