LEDICIA COSTAS Escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

“Este galardón supón osíxeno para a literatura galega, aire fresco que boa falla nos facía”

Ledicia Costas prepara a precuela de “Escarlatina”.
photo_camera Ledicia Costas prepara a precuela de “Escarlatina”.

 Ledicia Costas (Vigo, 1979), avogada de formación, non parou onte de coller o teléfono, contestar mensaxes e agradecer os parabéns pola concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

O galardón, outorgado polo Ministerio de Cultura, deuse a coñecer este luns e supón un dos máximos recoñecementos no mundo das letras. Cansa, rouca, pero emocionada, valorou para Atlántico este nomeamento.
Despois dun día xa tivo tempo de  asimilar ser Premio Nacional?
Se nun primeiro momento tomeino con moita emoción, orgullo e alegría, agora tamén engado a responsabilidade que supón estar a carón de figuras como Fina Casalderey, Agustín Fernández Paz ou Xabier Puente.
Xa lle deron os parabéns?
Transmitíronme moito agarimo. Pero é que somos nós os que lle debemos moito. Sen eles esto non sería posible. Xunto a Concha Blanco ou García Teijeiro sentaron as bases da literatura infantil en galego. Non había nada e crearon os bimbios. Agora témolo moi doado porque eles abriron o camiño. Merecen todo o respeto e a nosa admiración.
Sinte que o seu é un recoñecemento a toda unha literatura nunha lingua minoritaria?
Estos días notei o calor e a alegría colectiva. Este galardón supón osíxeno para a literatura galega, aire fresco que boa falla nos facía.
Cando se animou a escribir galego?
Escribo dende a adolescencia, pero foi co libro de “Cartas de inverno”, de Fernández Paz, onde pensei ‘eu quero escribir así’. Daquela era unha estudante castelanfalante no instituto de Beade.
E como chegou á literatura para nenos?
Sempre escribín literatura infantil e xuvenil o que pasa que non era consciente das etiquetas. O esforzo e a ilusión é a mesma, só hai que atopar o xeito de abordar os temas.n

Te puede interesar