VIGO

A gaita, das romarías aos conservatorios

Miriam Cortizo, coa exposición de gaitas e percusión.
photo_camera Miriam Cortizo, coa exposición de gaitas e percusión.

Esta semana adícase á gaita no conservatorio Mayeusis. A profesora Miriam Cortizo comisariou unha pequena exposición onde amosou a evolución deste instrumento. “Pouco a pouco vaise asimilando que a gaita xa se pode estudar nos conservatorios e conseguir un título oficial, xa se comeza a superar a idea de que só se tocan en centros culturais”, apunta Cortizo.
Valorar a gaita e coñecela. Con esta filosofía, Cortizo ilustra a través de cinco modelos a evolución do símbolo do folk galego por excelencia. Comenzando pola madeiras: “Aquí temos a representación do materiais nobres, as mellores para a sonoridade da gaita son o buxo, da terra, y as de importación, granacillo e cocobolo”.
O cambio que experimentaron os modelos ao longo do tempo, pódese apreciar no aspecto meramente estético, coma os arelados que pasan de latón, alpaca ou niquel; pero tamén nos elementos máis característicos como o fol.
Os primeiros se fixeron a base de vexigas de polo, para despois cambiarse polo cabrito enteiro, un deles exhíbese na exposición de Mayeusis. Nos anos 60 e 70 se experimentou con novos materiais como a goma ou o charol (coiro barnizado), algo que según Cortizo se descartou polos malos resultados: “Nos anos 90 a incorporación do goretex no fol foi unha revolución porque mantivo a calidade do sonido”.
En Vigo impártense estudios oficiais de gaita o ciclos elemental e medio no Mayeusis e no Conservatorio da Miñoca e o superior, no Castro.n 

Te puede interesar