vigo

A estética do Día das Letras ao longo de 55 anos

Membros da Penzol (Manuel Puga, Francisco Domínguez e Dolores Cabrera) coa viuva de Xoán Ledo (centro) e os fillos, xunto ao secretario xeral, Valentín García; o edil Cayetano Rodríguez; Bieito Ledo e Víctor Freixanes (RAG).
photo_camera Membros da Penzol (Manuel Puga, Francisco Domínguez e Dolores Cabrera) coa viuva de Xoán Ledo (centro) e os fillos, xunto ao secretario xeral, Valentín García; o edil Cayetano Rodríguez; Bieito Ledo e Víctor Freixanes (RAG).

n n n A Fundación Penzol únese á conmemoración do Día das Letras Galegas coa exposición “55 anos de historia”, con fondos propios e da Casa Galega da Cultura. “Son dous os motivos que nos levaron a montar esta mostra, por unha banda a implicación de Francisco Fernández del Riego (alma mater da Fundación) como promotor desta festa y a presenza nos nosos fondos dos sete primeiros carteis do Día das Letras Galegas realizados por Xohán Ledo (Ricardo García)”, explicou Dolores Cabreras, comisaria da exposición xunto con Francisco Domínguez.
O percorrido comeza coa reproducción da adicatoria nunha primeira edición de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro a Fernán Caballero, onde se estableceu o 17 de maio como a data da publicación e posterior Día das Letras, así como a carta asinada por Fernández del Riego co proposta da efeméride da literatura galega á Real Academia, respaldada por Gómez Román e Ferro Couselo ata documentación de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano.
En total, 30 carteis distribuidos por décadas e doce mesas con material complementario. Priorizando o visual e a participación de colectivos vigueses, a Fundación Penzol fai un percorrido por 55 anos de historia (56 edicións) dunha celebración (o Días das Letras Galegas) que pasou polo franquismo e a democracia.  A mostra permanecerá en sala ata o 3 de xuño, sendo visitable de 18 a 21 horas, de luns a sábados e fin de semana (sábado e domingo) de 12 a 14 horas.
Ao acto de inauguración acudíu a familia de Xohán Ledo, o médico que compaxina o seu traballo coa ilustración para Galaxia, asemade do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez; o secretario xeral de Normalización, Valentín García; e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Facendo un chamamento ao espíritu co que xurdíu o Día das Letras, Manuel Puga, presidente da Penzol, alertou “do perigo no que está a lingua, cunha perda importante de galego-falantes; esta mostra é unha oportunidade de acción para a cidadanía e para as autoridades”. Así, desexou que “este berro non caia no esquecemento e resoe”.n

Te puede interesar