Sociedad

Espazos Sonoros percorrerá o patrimonio histórico galego

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora do festival, Belén Bermejo, na presentación.
photo_camera O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora do festival, Belén Bermejo, na presentación.

A iniciativa busca promover o "turismo cultural" a través de nove concertos gratuítos en igrexas e pazos

n n n A novena edición do festival Espazos Sonoros invitará ao público a "achegarse" ao patrimonio arquitectónico e cultural de Galicia mediante a música antiga, a tradicional galega e a portuguesa entre o 3 de setembro e o 18 outubro. Así indicouno o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na presentación do evento, que ofrecerá nove concertos en distintos espazos singulares do patrimonio galego, así como visitas guiadas e talleres de achegamento á música antiga para afondar no coñecemento dos instrumentos.
As actuacións terán lugar na igrexa San Salvadora de Vilar de Doas, en Pas de Rei (Lugo); o castelo de Santa Cruz, en A Garda (Pontevedra); o pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra), na igrexa Santa María a Real de O Cebreiro (Lugo) e no castelo de Monterrei (Ourense), entre outros espazos. 
Os concertos ofrecerán a posta en escena de grupos de diversos estilos, como a música antiga,conEnsemble Gilles Binchois, Le Miroir de Musique, La Xácara, Tres Pesos, Solo Voces e a pianista Paula Ríos, encargada de recuperar a obra de Rosa García Ascot e de Jesús Bal e Gay, como indicou a directora artística do festival, Belén Bermejo. 
Deste modo, segundo sinalou Anxo Lorenzo, esta iniciativa busca presentar unha proposta de "turismo cultural" por Galicia. Ademais, todas as actividades son gratuítas, aínda que algunhas contan con público limitado, polo que será necesario inscribirse mediante o correo electrónico [email protected].
A directora artística de Espazos Sonoros tamén explicou que o grupo de música antiga Ensemble Gilles Binchois interpretará por primeira vez en Galicia a peza medieval "Misa de Nuestra Señora" o 8 de outubro en Baiona. Ademais, o grupo suízo Le Miroir de Musique ofrecerá o concerto inaugural o 3 de setembro en Vimianzo (A Coruña).n

Te puede interesar