Sociedad

Escritores, editores e libreiros festexan unidos a Gala do Libro

Cesáreo Sánchez, Goretti Sanmartín, Martiño Noriega, Xosé Ballesteros, Anxo Lorenzo y Antón Pedreira.
photo_camera Cesáreo Sánchez, Goretti Sanmartín, Martiño Noriega, Xosé Ballesteros, Anxo Lorenzo y Antón Pedreira.

No acto galardoaranse os mellores traballos literarios realizados ao longo do pasado ano 2016

n n n  O Teatro Principal da capital galega acollerá o próximo 20 de maio a Gala do Libro 2017, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editores e a Federación de Librarías de Galicia, os "tres alicerces" do libro galego.
Deste xeito, presentouna onte o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, que reivindicou "a importancia" deste acto que será "un lugar de encontro" entre os principais actores do libro galego, nunha cidade que tamén é lugar de encontro de moitas sensibilidades.
Coa Gala do Libro, a segunda que celebran de maneira conxunta, os tres elementos de valor da cadea do libro, escritores, editores e libreiros, "tres elementos fundamentais na cadea de valor do libro", poñerase en valor a capacidade da literatura galega, nun acto no que se galardoarán aos mellores traballos literarios realizados neste ámbito ao longo do ano pasado.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiron a presentación da gala nun acto no que estiveron arroupados polos dirixentes da Asociación Galega de Escritores, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Federación Galega de Libreiros.
Para o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo é  “unha iniciativa excelente para consolidar espazos e intereses compartidos, que permite visibilizar a principal produción literaria máis recente e, ao mesmo, tempo, poñer cada ano vimbios novos para o sector”
O presidente dos editores galegos, José Ballesteros, subliñou  que esta segunda gala "consolida a unión das tres asociacións" relevantes no sector e que se iniciou o pasado ano, para "visibilizar" un sector que "está a minguar ano tras ano". Por iso, Ballesteros incidiu na "resistencia cultural" do libro galego.
Da mesma forma, o representante dos libreiros, Antón Pedreira, e dos editores, Cesáreo Sánchez, reivindicaron as sinerxias levados a cabo entre ambos, nun acto que será "unha festa cultural".
A Gala do Libro Galego premiará en 11 categorías diferentes de participación e, á súa vez, tres premios de honra, un por asociación que organiza o certame. Os finalistas serán analizados por un xurado independente para seleccionar aos gañadores, que se darán a coñecer na gala.n

Te puede interesar