vigo

A dictadura do loito en Galicia

A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, acudíu a inauguración de onte, onde a comisaria, Rita Más expricou o seu contido.
photo_camera A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, acudíu a inauguración de onte, onde a comisaria, Rita Más expricou o seu contido.

Rita Más Ybáñez presentou onte, na Casa das Artes, unha investigación documental e estética do loito en Galicia a través da súa exposición “A saia raíña”: “A intención é dar voz a quen non foi escoitada e mantivo ao noso lado un costume, que polo menos, desvela novamente a desigualdade existente entre homes e mulleres, tanto no acceso á cultura, ás festas e participación social, como no status persoal e mesmo no dereito a manifestar os sentimentos”.
Más Ybáñez asegurou que a exposición é un testemuño, non unha mostra fotográfica, nen de videocreación. A proposta que permanecerá na sala da Casa das Artes ata o 28 de outubro está composta por gravacións, recollidas en poboacións rurais e urbanas das catro provincias dende o 2006 ata o 2018 en distintos formatos.
“O dó axuda a superar a ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender como as mulleres galegas eran ciritcadas cando rompían o costume de gardar loito e elixir a cor das súas vidas”.n

Te puede interesar