Vigo

Os contos da lareira chegan ao teatro de man de Carlos Blanco

Santiago Segret, de Rababiero Producciones, e Carlos Blanco, onte, en Vigo.
photo_camera Santiago Segret, de Rababiero Producciones, e Carlos Blanco, onte, en Vigo.

O humorista actuará en Salesianos o 8 de novembro na compaña de Celso Sanmartín

A retranca galega e a tradición oral saen á conquista dos grandes escenarios. Fainno da man de Carlos Blanco, que xunto a Celso Sanmartín, ofrece un tándem único. Sustitúen o formato da Paramount Comedy por un sabor galego, onde os dous contadores comparten escena e diálogo. “Celso toca moi ben a pelota e vaime facer xogar mellor”, confesa Blanco e engade que ese é  o seu obxectivo, “recuperar a esencia do actor, saír a disfrutar, a xogar”.
Unha montaxe dos productores de Noites de Retranca (Rababiero Producciones), preséntase como unha homenaxe á tradición galega. Así, no teatro recrearase unha antigua lareira cun pote do século XIX. Os textos serán elección dos propios actores que, tal e como explicou Blanco na súa comparecencia onte ante  os medios en Vigo, “dependen da noite e tamén do público”. Os espectadores da costa non son como os do interior, mentras uns son máis participativos, outros están máis atentos. Diferencias que tamén se nota, aínda que menos das cidades ás vilas, “hai que darlle á xente o que quere en cada momento”, asegura. No seu maleta garda varias opcións para escoller a última hora, “porque se non, abúrrome”, aínda que admite “que un pode improvisar cando conta con máis de 2.000 actuacións ás costas”. Entre as historias escollidas haberá dúas homenaxes a compañeiros xa desaparecidos: trasmitirá unha que lle contou Pico (Xosé Olveira) e unha de Tuto Vázquez. Por parte do seu partener, Celso Sanmartín, reproducirá os contos que lle narraron os vellos do xeriátrico onde traballou. 
“Contos da Lareira” chegará a Vigo o 8 de novembro, despois de estrearse na Coruña o 6 de septembro. Seguirá en Vilargacía, o 15 e en Pontevedra, o 26. Blanco asegura que chegará a Londres, a octava cidade galega con 40.000 compatriotas.n

Te puede interesar