O Campus reivindica a lingua galega no Día de Rosalía

Filoloxia acolleu onte un recital de música, poesía e humor.
photo_camera Filoloxia acolleu onte un recital de música, poesía e humor.

n n n Cando se compren 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a Universidade de Vigo únese á celebración cunha programación de actos nos tres campus. O máis madrugador foi o campus de Vigo, que acolleu este martes un recital de música, poesía e humor na Facultade de Filoloxía e Tradución da man das poetas Aldaolado. Lucía Aldao e María Lado son a alma e o latexo deste proxecto que leva máis de dez anos tratando de dar un novo pulo á poesía, mesturándoa co humor, a música e un chisco de transgresión aceda que dan forma a un espectáculo armado con cargas de profundidade que elas dirixen con sorna e retranca. Como elas mesmas recoñecían ao comezo da súa actuación, “como poetas e estudantes de Filoloxía Galega, Rosalía de Castro é un referente, por ter sido a primeira muller en escribir e publicar en galego e co seu propio nome”.
Co recital deste martes, a Facultade de Filoloxía e Tradución, a través da Comisión de Normalización Lingüística, rendía homenaxe a Rosalía de Castro pero tamén reivindicaba a lingua e a escrita do país tratando de achega á mocidade dun xeito lúdico. n
 

Te puede interesar