ALBERTO ROLÁN Nominado aos Mestre Mateo como Mellor Actor Protagonista

“Cada vez o audiovisual galego diversifícase máis, xa non está tan centralizado no norte”

Alberto Rolán aspira esta noite a un Mestre Mateo ao mellor actor.
photo_camera Alberto Rolán aspira esta noite a un Mestre Mateo ao mellor actor.

 Alberto Rolán (Verín, 1977) pola súa intervención en “A estación violenta”, de Anxos Fazáns, é un dos nominados ao Premio Mestre Mateo como mellor actor protagonista na gala que terá lugar esta noite.  Aínda que ourensano de nacemento, os seus vencellos familiares coa cidade, incluírono na representación viguesa entre os candidatos aos galardóns do audiovisual galego, algo que recibíu con abraio, tal e como el mesmo recoñeceu a Atlántico: “A nominación foi unha sorpresa, porque hai moitos traballos e nunca se sabe cal se vai valorar máis”.
Nesta edición dos Mestre Mateo hai unha maior presenza do profesionais do sur. Pensa que é coincidencia ou un sinal de cambio?
Cada vez o audiovisual diversifícase máis, xa non está tan centralizado no norte; esténdese por máis sitios: Anxos, a nosa directora é de Marín, os de “Dhogs” son de Lugo. Penso que non é algo de agora, tamén podía pasar outros anos.
“A estación violenta” non é unha película doada para o espectador. Foino para o intérprete?
É un filme en ton intimista, onde os personaxes están moi ao límite, viven ao fío da navalla. Queren saír dun limbo, pero non son quen.
Nesta rodaxe métese na pel de Manuel, como é o seu personaxe?
É un xornalista frustrado, que foi estudar a Compostela e quedou atrapado no mundo que rodea á noite. Perdeuse nunha dinámica da que non dá saído. O momento clave é cando se reencontra cos seus amigos da adolescencia. Decatánse que con 40 anos e non fixeron nada.
A paisaxe está moi presente na película. Que papel xogan as localizacións?
Marcan a diferencia entre as sombras, que se relacionan con Compostela, e a luz, que se vincula ás zonas de costa, onde se coñeceron.

Te puede interesar