vigo

Unha biografía para descubrir ao “contador” Carlos Casares

Henrique Monteagudo, entre Xesús Alonso Montero e Francisco Castro, presentou a biografía.
photo_camera Henrique Monteagudo, entre Xesús Alonso Montero e Francisco Castro, presentou a biografía.

Henrique Monteagudo presentou o seu estudo sobre a vida e obra do autor do Día das Letras Galegas, publicado con Galaxia

nnn Henrique Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago, secretario da Real Academia Galega e co-director da revista Grial, presentou onte a biografía de Carlos Casares. Quen foi amigo persoal e compañeiro de traballo, convértese agora en obxecto de estudo ao adicarlle este ano o Día das Letras Galegas. “Cando se coñece a alguén tan de preto hai que facer un esforzo para situarse nun termo medio e non caer nun panexírico do autor, algo que lle horrorizaría a Carlos e que tampouco eu pretendía”, indicou o autor onte, antes da presentación oficial do libro na Casa da Cultura Galega.
Unha publicación en formato de peto, con 175 páxinas, tapas blandas e subtitulada “Un contador de historias” procura ser algo máis cunha biografía ao uso: “O que máis me interesa é chegar á xente que non o leu e que lles permita descubrir a súa obra, porque están a perder un gran deleite; para os que xa o coñecen, ofrecerlles outro achegamento a Casares”, silanou Monteagudo.
No seu percorrido pola traxectoria do autor, fai fincapé na súa nenez e mocidade en Xinzo. “Este traballo permitíume descubrir ata que punto foi importante esta etapa na súa obra, tanto o disfrute da cultura campesiña e da tradición oral, como os anos que pasou no seminario, nunha época terrible de postguerra”.
No outro lado da balanza atópase a súas estadías en Sucia, terra da súa dona, Kristina: “Coñecer este país foi unha auténtica revelación; saído de Ourense e dunha España pechada, chega a Suecia, algo que cambiaría a súa visión da vida”, apuntou.
Entre ambas etapas, atópanse os seus anos en Santiago, onde foi un dos protagonistas do xurdimento do movemento universitario.n

Te puede interesar