KIKO DA SILVA Ilustrador de cómic, onte asinou libros en Vigo

“A banda deseñada galega non existiría hoxe de non ser polos autores”

Kiko da Silva, onte, asinou exemplares na Feira do Libro.
photo_camera Kiko da Silva, onte, asinou exemplares na Feira do Libro.

Kiko da Silva mantivo onte un encontro cos seus lectores na Feira do Libro Novo. Dende a caseta de Banda Deseñada, asinou os exemplares que lle presentaban, engadindo a sinatura unha adicatoria moi especial a modo de ilustración. Da Silva está de actualidade pola saída ao mercado da cuarta edición en galego de “Fiz”.

Fiz cumpre 12 anos de traxectoria e parece que as novas xeracións seguen demandando as súas aventuras.
Xa se sabe que o humor escatolóxico sempre engancha. Un pensa que os novos nenos terán outros intereses, xa que teñen máis ferramentas, pero este tema é universal e atemporal. Non depende de modas. Os rapaces poden manexar toda a tecnoloxía do mundo que sempre quererán saber a onde vai a caca ao tirar da cisterna. Ademais da reedición, estou preparando unha entrega de novas aventuras de Fiz.

¿Pensa que a banda deseñada galega por fin está a se consolidar?
Aínda estamos saíndo da prehistoria, no sei se se pode falar aínda de industria. As cousas melloraron moito dende que eu comecei, pero todo o que se logrou foi grazas aos autores, de non se ter movido, hoxe non existiría a banda deseñada galega. De eles xurdíu a formación, as editoriais, as revistas, os festivais...Nunca se concederon subvencións a este sector. Hai anos movéronse dende a Xunta para visualizar o que se facía en Galicia, levando o noso traballo a Barcelona, algo que foi moi importante. Pero eso foi todo. Creo que debera haber máis apoio por parte das administracións e non todo se reduce a diñeiro. Esta é unha actividade humilde que non precisa de moito investimento. A banda deseñada require un expositor para amosar o seu traballo nos medios de comunicación. Contidos de seguro que non han faltar. O que se coñece fora de Galicia é porque os autores galegos publican en castelán.

¿A volta do cómic a Feira do Libro despois de catro anos é o primeiro paso cara a normalización?
Significa que as tendas están perdendo a medo a apostar polo cómic. Decátanse que é un xeito de arte que pode tratar moitos xéneros diferentes non só o infantil. De feito, está a acontecer o fenómeno contrario: agora estase xeralizando a novela gráfica, pero hai menos oferta para nenos. Un fallo porque as novas xeracións son o futuro.

¿Existe un estilo galego de banda deseñada?
Non, pero si hai unha cercanía dos temas, un xeito de tratar as cousas. Que haxa banda deseñada galega, enriquecen ao país.n

Te puede interesar