vigo

Adeus a Xohana Torres con poesía inédita

Un m omento da homenaxe a Xohana Torres onte no tanatorio Vigo Memorial.
photo_camera Un m omento da homenaxe a Xohana Torres onte no tanatorio Vigo Memorial.

 Un poema inédito dun libro póstumo foi lido por Xan Carballa onte no tanatorio Vigo Memorial na despedida á escritora e académica Xohana Torres.

Un acto onde estiveorn, entre outros, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os dous últimos presidentes da Real Academia, o actual Víctor Freixanes, e Xesús Alonso Montero. Nacida en Santiago de Compostela en 1931 e falecida aos 85 anos, recibiu o seu último adeus no tanatorio, onde foi incinerada.
Víctor Freixanes definiuna como unha figura crave das letras galegas, firme nas súas conviccións, cariñosa e extremadamente discreta, debido a que non era nada amiga de "facer ruído", algo no que coincidiu un dos seus antecesores á fronte da institución da Rúa Tabernas.
Xosé Luís Méndez Ferrín se referiu a unha muller "íntegra", que nunca gustou da primeira liña, e cunha enorme fidelidade pola súa nación, a súa lingua e as súas xentes. 
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trasladou o "profundo pesar" da Xunta polo falecemento da escritora Xohana Torres. Nun comunicado, destacou que Torres "foi unha escritora plena, dinamizadora da cultura e a lingua, e unha persoa que "desdeñou a espera de Penélope e preferiu o periplo errante e revelador do temerario Ulises". Rodríguez agradeceu á escritora que "fixese partícipe ao pobo galego da súa viaxe vital" a través dos versos neses "cadernos de bitácora singulares" que compartía cos seus lectores. "En todos os galegos e galegas permanece, para revivir a experiencia, a súa voz poética irrepetible", conclúe.
A obra de Xohana Torres abarca poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil, á parte de contribuír na súa tarefa como escritora con espazos radiofónicos. n
 

Te puede interesar