vigo

‘Vindelvídeos’, un certame para actualizar a visión dos trobadores

Anxo Lorenzo e Valentín García, onte en rolda de prensa.
photo_camera Anxo Lorenzo e Valentín García, onte en rolda de prensa.

A Xunta organiza o certame 'Vindevídeos'.

Esta iniciativa pretende actualizar e difundir entre o estudantado a literatura trobadoresca galega, no marco da programación conmemorativa que a Consellería de Cultura pon en marcha co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel. Así o deron a coñecer onte os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, na rolda de prensa na que presentaron o novo certame escolar, co que se quere acompañar a presenza no Museo do Mar de Vigo do Pergamiño Vindel e fomentar o coñecemento, tanto deste tesouro, como de toda a literatura medieval galega.
Anxo Lorenzo recalcou que “con esta actividade queremos que rapaces e rapazas sexan creativos e que teñan que recrear, é dicir, volver crear, o que no seu día fixo Martín Códax: con novos códigos, coas ferramentas audiovisuais coas que se manexan e cos seus propios recursos lingüísticos, en galego, xa que as cantigas están consideradas o berce da nosa lingua e da nosa cultura”. O responsable de Cultura avanzou que “ata marzo a Xunta despregará en toda a comunidade unha serie de actividades vencelladas á mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, que desde a súa apertura recibiu xa máis de 7.600 visitantes, entre elas, as duns 1.500 escolares, a través de novos formatos e ámbitos de traballo que iremos dando a coñecer nas vindeiras semanas e cos que queremos facer partícipe o conxunto da sociedade galega”.n

Te puede interesar