VAL MIÑOR

"Vender 500 exemplares de poesía en galego é un logro e axúdame a manter o cordón umbilical coa miña terra"

Moncho Borrajo prepara en Vigo  o seu próximo espectáculo.
photo_camera Moncho Borrajo prepara en Vigo o seu próximo espectáculo.

 Ramón  Borrajo DoMarco (Baños de Molgas,1949), coñecido artísticamente como Moncho Borrajo, leva xa corenta e cinco anos sobre as táboas alimentando unha estreita relación co púbico que o segue incondicionalmente por distintos teatros e locais da xeografía española. 


    Este polifacético artista, ourensán de pura cepa, ten feito do humor, a ironía, a improvisación e a mordacidade as súas principais armas para acadar un estilo inimitable que lle ten reportado o mellor dos tributos para un artista: o respecto e o agarimo do público.  Máis dunha ducia de espectáculos, "Dihablemos", "O bufón do Rey", "Tolo" ou "Golfus Hispánicus", ou "Eu, Quevedo" ou a súa última aventura "Moncho Panza", na que se embarcou co gallo do cuarto centenario da publicación da segunda parte do Quijote, en 2015, e coa que completou a súa triloxía cervantina. Estes días anda a cabalo entre Vigo e Nigrán, preparando a homenaxe que lle ten programada o sábado, 6 de agosto a Coral Stella Maris no exterior do Centro Cultural de Priegue.

Como vai o verán?
Estou a pasando por aquí máis tempo porque este ano o traballo témolo moi mal, non eu, todos porque tivemos Europeo de fútbol, véñennos as Olimpíadas, non temos goberno e isto é un desenfreo porque non para. Ultimamente, ademais, os concellos agarráronse moito. É normal, non poden gastar.

Que tal  lle foi este ano?
Estiven facendo "Moncho Panza", que funcionou moi ben, agora estou a planificar un espectáculo novo que se estreará a próxima temporada e que se vai a chamar "¡Madre mía, como está o país" ou "¡Oh, mi madre, como está o país!", aínda non o teño decidido. 

 Segue a cultivar a escritura? 
Si, estou a terminar unha novela e mandei outra a un premio con nome falso para ver que pasa, porque cando as presento co meu nome sempre é un problema. Estou a preparar un par de exposicións, unha delas nas galerías de Caixa Douro, en Ponferrada e outra en Vigo, onde hai anos fixen outra sobre as Meninas na Estación Marítima.

E a poesía?
En breve sairá á luz o meu terceiro libro de poesía editado por Ir Indo e terminei outro de poesía en galego. Penso seguir ese camiño de escribir indistintamente poesía en castelán e galego á vez . Decateime que os versos en galego non son traducibles ao castelán. Con Ir Indo estou coma na casa. 

Cómo se leva co galego?
Tento escribir o mellor posible pero o meu galego é enxebre, de Ourense. Eu non fun ao colexio. Falaba  co meu pai e coa miña nai. Pero estou a aprender e tamén a dicir, niste intre, é doado, e cousas desas. Nas correccións primeiro valía pra, despois era para. Pero hai unha que non podo con ela que e preto e perto. Para min perto é cerca e preto é negro ou apretado. 

Conserva lazos con Galicia?
Anque paso moito tempo fora, agora teño residencia fixa en Vigo pero estiven moito en Madrid e en Canarias (onde teño ou meu compañeiro) pero sempre intento ter esa relación con Galicia, non a perdo. O último prólogo fíxomo Manolo Rivas. Sempre teño xente de alto nivel en Galicia que escribe ben e que lle gusta o que eu fago. Seguirei mantendo esa liña de escribir nas dúas línguas. 

Compensalle escribir en galego?
Escribir en galego non é rendible, non é para gañar diñeiro. Véndese máis en castelán. As memorias que fixen dos meus 25 anos en escena esgotáronse en dou meses pero en poesía tamen vendo moito porque o que vende e o nome de Moncho Borrajo. Vender 500 libros de poesía en Galicia é unha barbaridade. Non o fago por gañar cartos, fagoo por manter ese cordón umbilical fusionado coa miña terra, coa miña lingua coa miña cultura . 

Que é para vostede o sentimento de  galeguidade?
 Eu son galego con bandeira, sen bandeira, con himno e sen himno, en Nova Iorque  ou en Mozambique.
A min o Padornelo e a Canda non me limitan. Eu penso que Galicia é onde está un galego e non temos por que andar con fronteiras. Eu vou ata Porto (Portugal) e séntome portugués do norte ou galego do sur, non me preocupa, non teño esas limitacións dous nacionalistas radicais.
Unha vez un xornalista preguntoume "É vostede galego ou español". Eu contésteille que en verdade eu son de Baños de Molgas, pero sendo de alí, sonlle de Ourense e son galego, sendo galego son español, sendo español son europeo e sendo europeo son cidadán do mundo, que é unha bola que de lonxe parece un moco e que consiste en que existan persoas que fagan preguntas como vostede. E así, claro, morreu o conto.

Cando escribe, en que ligua se sente mellor?
O que podo expresar coa miña lingua non o podo expresar en francés. Pódese cantar un bolero, unha rancheira ou un tango en castelán, pero unha  bossa nova en castelán non ten gracia e o rock é para os Estados Unidos porque son moi fonéticos why, my, key, now? é inglés. Cada lingua ten unha musicalidade distinta. Por iso cando escribo en galego expreso un sentimento. Unha nai que lle dí ao seu fillo "meu parruliño" non é igual que se lle di en castelan "mi patito" porque un cativiño con cueiro semella un parrulo. O colo dunha nai non ten equivalente en castelán, un anaco  non ten medida e o luar e indescritible en castelán. n

Te puede interesar