BAIXO MIÑO

Tui debate a fusión dos cinco concellos do Baixo Miño

A proposta ao pleno insta á unió co Rosal, Tomiño, A Guarda e Oia antes de 2019

O concellieiro tudense Vázquez Padín.
O concellieiro tudense Vázquez Padín.
Tui debate a fusión dos cinco concellos do Baixo Miño

nnn O grupo municipal de Converxencia 21 en Tui presentará maña xoves no pleno de Tui a proposta de fusionar todos os Concellos do Baixo Miño nun único Concello. Por tanto, unir os municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia nun concello que tería uns 50.000 habitantes, e sería o terceiro da provincia e o octavo de Galicia . O voceiro municipal de Converxencia, Carlos Vázquez Padín, sinalou ao dixital "Xornal21" que “a actual crise pon de relevancia un asunto clave, a necesidade perentoria de contarmos cunha administración eficiente no uso dos recursos detraídos aos contribuintes. Que os recursos públicos proveñen dos impostos co que se carga  ás empresas e ás familias e a administración pública en España sigue malgastando o diñeiro dos contribuintes”.
 Sinala que a planta municipal non está de ninguna maneira adaptada aos tempos e faina claramente ineficiente. España ten 8116 concellos e Galicia 316, Portugal, con máis do triple de extensión territorial e case catro veces máis de poboación ten 308 municipios, o Reino Unido ten 406 con máis poboación que España”. Padín explica no mesmo xornal que “non é racional un mapa municipal galego con 316 concellos, compre fusionalos, compre parar o antes posible o drama inaceptable que supón o malgasto do diñeiro que proven dos impostos, os liberais galegos apostamos pola eficiencia e pola subsidiariedade da administración pública”.
 “O consello de Europa e numerosos expertos administrativistas teñen recomendado promover as fusións de municipios en España e loxicamente estas deben ser promovidas desde os propios concellos por implicación directa e por responsabilidade no uso dos recursos dos contribuintes” asegura o  Voceiro municipal. 
Converxencia 21 de Tui e a mesma organización a nivel galego propón que sexa aprovada por este pleno a proposta de Converxencia 21 para a fusión dos cinco concellos que actualmente integran o Baixo Miño e que trala sua aprobación está proposta sexa enviada aos outros catro concellos da comarca e á Xunta "para poder chegar ás eleccións do 2019 xa convertidos nun concello fusionado”. n