SANDRA GONZÁLEZ Alcaldesa de Tomiño

"Tomiño e Vila Nova de Cerveira serán a próxima eurocidade xa neste ano 2018"

Sandra González está no terceiro mandato con maioría absoluta e dez concelleiros.
photo_camera Sandra González está no terceiro mandato con maioría absoluta e dez concelleiros.

Sandra González revalidou en maio de hai dous anos o terceiro mandato do Bloque Nacionalista  Galego en Tomiño.

Un municipio que desde entón apostou polas relacións coa súa veciña Vila  Nova de  Cerveira, pola participación dos cidadáns nas decisións municipais e en converterse na segunda  eurocidade da provincia. Ademais, Tomiño quere liderar esta agricultura moderna, que innova, que exporta e que da emprego


¿Que retos ten Tomiño neste ano que comeza?
Comenzar a executar os proxectos nos que levamos traballando estes anos, por exemplo a nova avenida, a nova biblioteca, seguir avanzando no apoio municipal á educación pública e chegar a consolidar a participación de nenos e nenas no goberno do noso concello a través do Consello da Infancia e Adolescencia. Tamén a nivel de igualdade estamos a dar pasos moi importantes que sen dúbida supoñen mellor atención ás mulleres a través da Oficina de Igualde, que está a facer unha gran labor. Na movilidade do casco urbano da vila e de Goián, a equipa que lidera a rexidora nacionalista quer " pensado para a xente e non só para aparcar os coches". 


A ponte peonil sobre o Miño é un dos grandes proxectos transfronteirizos en marcha, ¿de que xeito contribuirá ás relacións coa veciña Vila Nova de Cerveira?
A ponte peonil é un proxecto a futuro que tardará tempo en executarse porque é necesario conseguir toda a documentación precisa entre dous estados, e buscar o apoio económico da Unión Europea. Hai moitos pasos que xa demos, pero sin dúbida será un camiño longo. O importante non é a ponte en sí senón consolidar un espazo público de dous parques como son Castelinho e Fortaleza para convertilo nun espazo sin fronteira, nun espazo natural único que vai ser un destino sen igual na raia da Península.


¿Poderase chegar á creación dunha segunda eurocidade na comarca?
Sen dúbida. Estamos a tramitar esta denominación e calculamos que no primeiro trimestre do vindeiro ano poderemos presentala oficialmente. De todos xeitos o importante é seguir cooperando, levando adiante accións conxuntas e mellorando a vida da xente través da cooperación. A Cooperación transfronteiriza demóstrase coa práctica diaria e non só con términos e denominacións.


Recentemente presentaron na Coruña o modelo de mercado polo que apostaron en Tomiño e Goián, ¿en que se diferenza doutros conceptos de praza de abastos?
O importante é que non só foi unha reforma arquitectónica senón que viu precedida dun traballo de definición feito de xeito participativo no que estiveron praceiros, veciños, asociacións, comerciantes… Grazas a ese traballo fomos quen de facer que o mercado sexa cabeza tractora do comercio local, apostar pola calidade, cercanía, calidez. Para Tomiño tamén foi moi importante que o mercado se convertise nun punto de encontro grazas á humanización da Praza do Seixo, pero sen dúbida os verdadeiros protagonistas foron os praceiros e praceiras que confiaron en nós para sacar adiante un mercado que hoxe xa se considera un referente e que eles manteñen e coidan día a día.


Vostedes teñen optado pola participación cidadá á hora de acometer os grandes proxectos do municipio, ¿como está resultando esta experiencia?
Moi positiva, a participación é a clave do éxito dos proxectos, pero tamén é moi importante para manter unha sociedade participativa, comprometida e corresponsable na xestión pública. É máis doado facelo na administración local porque é a máis próxima ao cidadán, pero sempre é cuesión de vontade dos que gobernan. Os cidadáns non deberían limitarse a votar cada catro anos, é preciso fomentar a participación e por parte dos gobernos propiciar unha escoita activa. Nós tivemos procesos participativos no mercado, na biblioteca, fixemos unha reflexión colectiva sobre o saneamento, en educación co consello municipal de educación, escoitando as propostas dos veciños parroquia a parroquia co Concello Escoita. Agora o noso repto é que os nenos e nenas tamén nos axuden a gobernar e por iso creamos o Consello da Infancia e da Adolescencia, estamos seguros de que vai ser un éxito.


A nivel de reordenación dos espazos públicos ¿cales serán as próximas actuacións?
Sen dúbida a variante vai cambiar totalmente o núcleo do Seixo e en Goián a aprobación da modificación puntual tamén vai permitir ter un núcleo pensado para a xente e non só para aparcar os coches. Creo que nos dous próximos anos seremos quen de darlle un cambio aos dous núcleos como fixemos até o de agora. Vai ser moi positivo.


¿Como pensan revitalizar o parque empresarial, parado hai tempo e con máis de 500.000 metros cadrados de chan dispoñible?
Un parque empresarial desas dimensións non pode ser un responsabilidade municipal porque o interese estratéxico debería ser a nivel de goberno galego. Hai detereminadas infraestructuras como grandes polígonos, autoestradas ou hospitais que non poden ser pensadas en clave local. A Xunta ten a disposición xa o 30% dese chan e considero que debería estar preparada para cando volva a haber demanda de solo empresarial, como xa aconteceu. Neste caso o goberno galego anda lento, debería adiantarse e “facer os deberes” para a demanda futura que virá sen dúbida e non lamentarse logo que as empresas marchan a outros lugares. Pola nosa banda tamén estamos a explorar outras posibilidades máis alá da propia Xunta.


¿Qué outras medidas están tomando para revitalizar a economía do municipio?
O concello de Tomiño ten unha economía verde baseada na moderna agricultura que é un dos piares polos que ten apostado este goberno: viñedo, kiwi e planta ornamental son sen dúbida un motor económico do concello e da comarca. Tomiño quere liderar esta agricultura moderna, que innova, que exporta e que da emprego a tanta xente e dende o concello estamos a apoiar todo o que está na nosa man. Creo que é todo un éxito a existencia dunha asociación como Acubam, que saque adiante un plan estratéxico que marque unha folla de ruta para o sector, que colaboren e que establezan alianzas. Sen dúbida con este clima privilexiado non podemos deixar de apostar tamén pola agricultura. 

Te puede interesar