REDONDELA

Redondela entra no programa de prevención

A concelleira Carmen Amoedo, no multiusos da Xunqueira presenta a adhesión do Concello.
photo_camera A concelleira Carmen Amoedo, no multiusos da Xunqueira presenta a adhesión do Concello.

A tenente de alcalde, Carmen Amoedo, presentou a adhesión do Concello

n n n Redondel únese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Servizo Nacional de Saúde que, subliñou, que terá coma obxectivo fomentar o benestar da poboación “promovendo xeitos de vida saudábeis e potenciando a seguridade”. No acto, celebrado no Multiusos da Xunqueira, explicou que a iniciativa terá coma eixo do seu traballo o “desenrolo, dende o eido local, de intervencións dirixidas a previr as enfermidades, lesións e discapacidades actuando sobre estes factores ao longo da vida e tendo en conta o entorno no que viven as persoas”.
Os primeiro pasos, que se completarán ata finais do 2020, ademais da constitución da devandita Mesa Intersectorial, será a identificación dos recursos para a saúde cos que conta o Concello de Redondela: centros de saúde, deportivos, culturais, recursos de asociacións; recursos físicos dunha área: rúas peonís, carrís bici, espazos verdes ou espazos naturais, entre outros, e incluílos nun ‘mapa on line’, ao que se poda entrar dende a páxina web do Concello e facelos máis accesíbeis aos veciños.
Así mesmo, os profesionais de Atención Primaria, ao tempo que le dan aos seus pacientes un consello  integral sobre estilos de vida, poderán facilitarlles a información de recursos onde poidan recibir apoio para levar adiante esas recomendacións. Segundo indicou Amoedo, “dende o eido local podemos mellorar a  accesibilidade a estes recursos ou impulsar acción que fagan menores esas desigualdades”. O  53% da poboación de Redondela ten entre 30 e 64 anos e a porcentaxe de veciños entre os 65 e os 79 anos de idade supera a de aqueles que teñen entre 15 e 29 anos ou entre 0 e 14, o que apunta a un incremento do envellecemento.n

Te puede interesar