comarcas

A provincia conta con 18 áreas públicas para caravanas

Os espazos para caravanas medran tamén na provincia.
photo_camera Os espazos para caravanas medran tamén na provincia.

 O turismo de autocaravana, que aínda que minoritario no noso país, comeza a atraer turistas ás nosas terras. Así, o Concello de Pontevedra comunicou que nos últimos 3 meses, desde o 18 de maio ao 31 de agosto concretamente, deixou no municipio máis de 100.000 euros, contabilizando entre 665 e 800 os vehículos desta categoría que fixeron uso do espazo de Tafisa. Terreo que conta con 20 prazas e 1.052 metros cadrados nunha contorna urbana.  Unha facilidade de desprazamento que só na provincia de Pontevedra conta con polo menos 18 áreas públicas, 2 privadas, 4 áreas en ruta, 2 espazos máis en cámpings e outros 2 aparcadoiros con dereito a pasar a noite segundo páxinas especializadas como AreasAc ou ACA (Asociación Galega de Autocaravanas). Entre todas elas, 14 son de costa, e o resto de interior, con 4 en municipios na ribeira do Miño. E entre os que posúen máis dun espazo atopamos Agolada, Cangas, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa, todas elas con dúas estacións, e Sanxenxo con tres.
O resto de espazos públicos serían os de Arbo , Arcade, As Neves, Dena (Meaño), Forcarei, Mondariz, Poio, Ponte Caldelas , Redondela, Salceda de Caselas , Salvaterra de Miño e Tui. Entre as áreas de ruta está A Estrada ademais da antes mencionada Agolada e nos aparcadoiros se atopan os de Vigo e A Illa de Arousa  que recentemente obtivo 23 prazas exclusivamente para estes vehículos. 

Te puede interesar