condado/louriña

Pais e mestres do 'Pena de Francia' demandan melloras

Pais, escolares e mestres concentrados onte  diante do campo de xogos deste colexio de Mos
photo_camera Pais, escolares e mestres concentrados onte diante do campo de xogos deste colexio de Mos

Onte se concentraron no campo de xogos deste colexio de Mos, para lembrar que as súas demandas son 'urxentes' e que o colexio cada ano, está en peores condicións

nnn  "Onte pola tarde nos concentramos nais, pais alumnado e profesorado no campo de xogos do colexio CEIP Pena de Francia para demandar os arranxos que necesita o colexio". Foi unha chamada de atención para ver si alguen lles fai caso "dunha vez por todas", explican a este diario.
   "Levamos anos reclamando a Conselleria de Educación que subsane o mal estado dos teitos, fiestras, grietas e as mini-aulas, e nos sentimos totalmente desamparados e abandonados por esta institución, a cal solicitamos audiencia o ano pasado e ainda non recibimos contestación".
     Incluso -indican-, "con unha moción demandando á Conselleria de educación que acometa urxentemente ditos arranxos, que foi aprobada por unanimidade no pleno do concello de Mos". E engaden, que despois de numerosas reunións coa concelleira de Ensino mosense, "para que transmitise estas imperiosas necesidades á delegación provincial de Educación, a edil desentendeuse do colexio máis grande é máis vello de Mos", afirman.
     Asi as cousas, calquera que entre no colexio "vai quedar asustado co lamentable estado do falso teito, coas grietas do chan e paredes que cada anos son máis grandes, cunhas fiestras antigas que obrigan a un uso excesivo da calefacción para suplir a falta de aillamento, sen esquecer as mini-aulas, que menoscaban a calidade educativa do alumnado que as ocupa". Ante este panorama, a ANPA non ten outra saida que realizar actos revindicativos e programar un calendario de actuacións cara ao novo curso.n

Te puede interesar