condado/louriña

Novas obras de saneamento en Guizán por 30.000 euros

A alcaldesa, Nidia Arévalo.
photo_camera A alcaldesa, Nidia Arévalo.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Saneamento e abastecemento mosense, Camilo Augusto, e a edil de Urbanismo e Medio Ambiente, natural da parroquia de Guizán, Julia Loureiro, supervisaron as obras de ampliación e mellora da rede de saneamento municipal no Camiño da Corredoura en Guizán, incluídas no plan Pusim 2014, da Deputación. 
    Con estes traballos darase servizo de saneamento a un núcleo poboacional desta parroquia, conseguindo así respostar a unha importante demanda veciñal, que xa se poderá conectar á rede pública de alcantarillado de xeito inmediato. 
     Os labores que se están a executar nesta obra que se alonga preto de 500 metros, consisten na apertura de zanxa, colocación de tubería, formación de novos pozos, colectores de acometida domiciliaria e reposicións. O orzamento total ascende a preto de 30.000 euros íntegramente financiados pola Deputación. n

Te puede interesar