VAL MIÑOR

Nigrán estrea a súa rede de abastecemento de auga

A primeira xa chegou á parroquia de Parada logo dun acordo do Concello coa concesionaria, a empresa Aqualia. Alomenos 200 fogares reciben suministro

Estrea do abastecemento propio na parroquia co alcalde Juan González.
Estrea do abastecemento propio na parroquia co alcalde Juan González.
Nigrán estrea a súa rede de abastecemento de auga

nnn O Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia puxeron onte en funcionamento a primeira rede de abastecemento municipal de auga que chega á parroquia de Parada, beneficiando a preto de 200 fogares que ata agora se surtían de pozos individuais ou traídas comunais. 
En concreto, o suministro xa é efectivo para os residentes dos barrios de A Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa. O Concello investiu 317.000 euros nesta obra executada por COVSA. 
A maiores, e tamén na mesma parroquia, a empresa concesionaria Aqualia rematará en xaneiro as obras para  levar o abastecemento aos barrios de Nandín, Igrexa, A Rúa, Con e A Reboreda e que chegará tamén á parroquia veciña de Camos (barrios de O Castelo, A Lama y O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332-rúa dos Pazos); en total, máis de mil veciños se beneficiarán desta última actuación que conta cun orzamento de 374.809,48 euros financiados íntegramente pola empresa concesionaria Aqualia froito dun acordo co Concello.
 “Con estas dúas obras, practicamente a totalidade da parroquia  de Parada e parte da de Camos quedarán en disposición de poder ter aceso a abastecemento, algo que consideramos prioritario”, resume o rexedor.
A chegada do abastecemento á Carrasca e aos barrios da contorna foi posible tras ampliar a rede mediante a instalación dunha nova condución que conecta a rede existente no parque empresarial Porto do Molle, a través dun bombeo cun novo depósito de regulación de 500 m3 que foi ubicado no monte Eiró, e dende onde se dá servizo ás vivendas da zona. Por outra banda, na zona da Carrasca xa estaba instalada a tubaxe de impulsión e de distribución dende hai anos pero carecía de presión suficiente para poder levar a auga, situación agora xa solventada. n