Escaparate

"La lampe ao beurre de Yak" gaña o festival de curtos de Bueu

O filme francés ‘La lampe au beurre de Yak’ (‘A lámpada de manteiga de Yak’) proclamouse gañadora da sétima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.


O alcalde Félix Juncal fíxolle entrega do galardón, dotado con 2.000 euros, ao produtor da cinta, Julien Féret, quen aludiu no seu discurso á “maxia do cine”, que fai parecer sinxelos na pantalla tres anos de traballo non exentos de dificultades para acabar rodando en China con protagonistas tibetanos. O rexedor, pola súa banda, salientou que con este certame a vila “se fai cada vez máis internacional”.
O segundo premio do xurado, 1.000 euros, foi  entregado ao director da tamén produción gala ‘La Fugue’ (‘A Fuga’). 
Por outra banda, os espectadores dedicáronlle un sonoro aplauso á vencedora do premio do público, ‘Meu amigo Nietzsche’, que bateu todos os récords ao acadar a mellor das puntuacións outorgadas pola audiencia na historia do festival de Bueu. 

Te puede interesar