Val Miñor

Iglesias Lamela recolle o Premio Victoriano Taibo este sábado

O poeta fisterrán é un bo coñecedor do mar.
photo_camera O poeta fisterrán é un bo coñecedor do mar.

O Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns desenvolverán este sábado o acto de entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela

O Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns desenvolverán este sábado o acto de entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado "A relixión do mar, un libro no que o autor demostra o seu coñecemento sobre o mundo mariñeiro dende a mesma construción da embarcación, sen abandonar a linguaxe poética. Nun principio dende o Concello estaba previsto que no mesmo acto se fixese entrega do nomeamento de Fillo Adoptivo de Gondomar  aos familiares de Victoriano Taibo. O nomeamento foi aprobado por unaniminade no pleno da pasada semana. Dende o IEM informaron que  se acordou buscar una data diferente para oficializar o nomeamento e consensuala cos familiares.
O acto de entrega do IX premio Victoriano Taibo , conducido por Marta Dacosta, que fará unha breve introdución da figura de Taibo e lembrará a recente publicación da  súa obra inédita "Contos pequenos". Ademaís está previssto que alumnos do CEIP Neira Vilas de Peitierios interpreten dous dos contos recollidos neste libro, recentemente editado polo IEM. 
Xosé Lois Vilar será o encargado de introducir ao poeta fisterrán galardonado nesta edición, quen recollerá do premio da man de Francisco Ferreira, alcalde deGondomar, e recitará algúns poemas do seu libro. 
O premio está dotado con 3.000 euros financiados polo Concello de Gondomar que asume tamén o custe desta gala,  e unhapeza escultórica obra do artista miñorán Fino Lorenzo. 
O evento cultural, que terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o sábado a partir das 19,30 horas, estará amenizado pola banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns. 
Na clausura do acto está prevista a intervención do presidente da Real AcademiaGalega, quen dará paso a un pequeno albaroque no vestíbulo do auditorio onde asistentes e participantes poderán intercambiar opinións e o autor asinará libros para quen o desexe.

Te puede interesar