val miñor

O escritor Rafa Villar, gañador do Victoriano Taibo de Poesía

O xurado outorgourlle o galardón pola súa obra 'Erosions",
photo_camera O xurado outorgourlle o galardón pola súa obra 'Erosions",

O certame, convocado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoranos,  está dotado con 3.000 euros

nnn 'Erosions', do escritor Rafa Villar é o gañador da X edición do do certame poético VictorianoTaibo (dotado con 3000 euros e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo), que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns.
O xurado valorou nesta obra a súa unidade dentro do dobre plano de lectura que se percibe no propio título do libro. Trátase dun libro que combina a paixón e a intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construción poética en que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor, subliñase na acta do xurado. 
Rafa Villar  (Cee 1968) é un destacado poeta da denominada promoción dos 90. A súa primeira obra 'Liques da memoria', recibiu no ano 92 o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Ó longo da sua traxectoria recibiu outros galardons entre os que destacan  o Premio Curuxa de Humor Literario, o Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa, o Premio de poesía Concello de Carral, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Premio de poesía Cidade de Ourense e o Premio Arume de poesía para nenos/as por 'Patente de corso' que, xunto con 'Memoria de Ahab, Migracións, e Animalario estrafalario', son os seus últimos títulos publicados.
Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, na actualidade traballa no Servizo de Normalización Lingüística da Confederación Intersindical Galega (CIG). Escritor comprometido e moi activo socialmente, foi voceiro da plataforma 'Nunca Máis', é parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, membro do Batallón Literario da Costa da Morte e un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal.
A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.  n

Te puede interesar