condado/louriña

O Concello de Mos visitará aos residentes en Bos Aires

Lla alcaldesa de Mos con miembros de la asociación
photo_camera Lla alcaldesa de Mos con miembros de la asociación

Participarán na celebración do centenario da Asociación de Residentes de Mos na capital de Arxentina en abril de 2018

nnn A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, anunciaron onte que o Concello organiza unha viaxe a Bos Aires para celebrar o centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires.
A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires recibiu en 2010 a Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Mos por lograr manter viva na emigración, mediante os seus grupos de baile e gaitas entre outras iniciativas, a cultura galega e mosense en particular a pesar da distancia de máis de 12.000 kilómetros que separa ós seus membros do seu municipio de orixe. Os integrantes da Asociación viaxaron ese ano a Mos durante as Festas da Rosa para recoller en persoa tan emblemático galardón.
A Asociación cumpre en 2018 un século de vida e para elo a administración local mosense organiza unha visita á capital arxentina subvencionada para os veciños e veciñas de Mos que queiran participar. O Concello subvencionará 100 euros por persoa e viaxe aos  empadroados que decidan desprazarse ata Bos Aires.
Na viaxe haberá tamén unha importante representación municipal e dende o Concello estase a tramitar unha axuda da Xunta de Galicia que lle permita á administración local levar a un grupo de artistas mosenses en representación da cultura municipal para que actúen nos actos de celebración do centenario da creación da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires. Ademais dende o Consistorio estase xa a traballar na elaboración dun vídeo conmemorativo con mensaxes de personalidades relevantes do municipio para que poida ser emitido durante os actos de celebración en Bos Aires.
A viaxe realizarase do 25 de abril ao 3 de maio de 2018 e os interesados en participar teñen para inscribirse nas oficinas do Multiusos das Pozas (Teléfono: 986 33 94 04) ata o vindeiro 15 de xaneiro. Teñen preferencia para participar na viaxe os empadroados en Mos e as prazas serán asignadas por rigorosa orde de solicitude. De quedar prazas vacantes poderán viaxar tamén os non empadroados pero sen beneficiarse da subvención municipal (é dicir deberán pagar 100 euros a maiores).n
 

Te puede interesar