comarcas

Cheo no aniversario do mercado de Sabarís

O mercado, con máis de 80 artesáns contou con actuacións e pasarrúas.
photo_camera O mercado, con máis de 80 artesáns contou con actuacións e pasarrúas.

n n n Miles de persoas abarrotaron onte a parroquia baionesa de Sabarís para conmemorar o 520 aniversario da fundación do seu mercado. O I Mercado Medieval Sabaryz rexistrou unha gran animación durante toda a xornada con actuacións e unha feira de artesáns e antigüidades.
“O Concello de Baiona quere homenaxear con esta iniciativa a todos os veciños, comerciantes e negocios da parroquia de Santa Cristina nunha data tan importante. Estamos ante o mercado máis antigo de Galicia no que a nosa xente segue a apostar cada luns de cada semana dende hai séculos”, afirmou o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, durante o seu discurso no acto de inauguración.
 Disparos de salvas, pasarrúas, grupos de gaitas, mercado medieval con artesanía e anticuarios, espectáculo de fogos, actuacións cómicas e circenses... Sabarís foi o domingo unha festa histórica en lembranza da autorización recibida dos Reis Católicos en 1497 para celebrar un “mercado de mantenimientos de pan y de vino en Monterreal”.n

Te puede interesar