redondela

O castelo de Soutomaior busca visitas a través do teatro

Carmela Silva, presidenta da Deputación, xunto a Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior.
photo_camera Carmela Silva, presidenta da Deputación, xunto a Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior.

Deputación e Concello acordan avanzar este ano na musealización e recorridos guiados para revalorizar o patrimonio local

nnnDeputación de Pontevedra e Concello de Soutomaior acordaron onte avanzar na revalorización do castelo de Soutomaior a través de actividades que engadan valor o patrimonio local.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou a colaboración co concello de Soutomaior e o seu alcalde, Agustín Reguera, co cal mantivo unha xuntanza, para que antes de final de ano, o máis probable, se poidan presentar as tres rotas deseñadas e elaboradas para recorrer o conxunto do castelo e todo o seu entorno, "que presentaremos unha vez este concluída a sinalización e balizamento das mesmas e que permite coñecer a totalidade das instalacións".
Ao respecto o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o traballo feito no proxecto de valorización do castelo e á propia presidenta da Deputación xa que se trata de algo que "vai a ser bo para todo o concello".
Para o próximo ano, tanto Carmela Silva como Agustín Reguera, coincidiron  en comezar a traballar cara a poñer en marcha o proxecto de musealización do castelo ademais de aumentar o número de visitas teatralizadas e de personaxes que participan nelas, dada a grande demanda de persoas que queren participar.
A aposta da Deputación de Pontevedra co castelo é convertelo nun espazo de atracción turística na provincia cun espazo adicado ao ocio familiar.
O proxecto contempla melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal; enriqueceranse os cultivos; dotara de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completara o equipamento do parque; crear paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros e impulsar actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; pór en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas  dos principais produtos da zona como castañas, uva ou camelias, entre outros.
Carmela Silva destacou o grado de colaboración co alcalde de Soutomaior ao que agradeceu todas as súas aportacións ao plan director.n

Te puede interesar