condado/louriña

O BNG está disposto a afrontar 4 anos de retos

Os candidatos do BNG encabezados por Mónica Vizcaya
photo_camera Os candidatos do BNG encabezados por Mónica Vizcaya

    O BNG-Asembleas Abertas de Salceda de Caselas presentou de xeito público aos seus candidatos aos comicios municipais do 24M, unha lista que encabeza Mónica Vizcaya, quen no decurso do acto celebrado en 'A Devesa' resaltou na súa intervención "que son un equipo plural que representa a nova realidade social de Salceda".
    Na lista, tras a candidata á alcaldía, figuran nos dez primeiros postos Xosé Manuel Suárez, responsable local do BNG (nº2); Julio César Ares (3); Darío Vila (4); Belén Fandiño (5); Nati Chicote de Miguel (6), e Tano Guerra (7), militante do BNG desde a súa fundación; Cristina Costa (8); Susi Freire (9), y Alfonso Alonso, Fonsi (10). 

Te puede interesar