Alemaña interésase por unha editorial canguesa

Silvia Bardelas.
Alemaña, o primeiro mercado europeo do libro, contará neste outono cunha especial representación de España, a de editorial Edicións Barbantesa, con sede en Cangas, co libro 'As Médulas', de Silvia Bardelás.

Foi a única editorial que publica en galego seleccionada para ser traducida á lingua de Goethe, entre máis de duascentas propostas procedentes de toda España como unha das quince que mellores condicións reúnen para ser traducidas ao alemán, do xénero de ficción, non ficción, e infantil/xuvenil.
O 5 de outubro comeza a Feira do Libro de Frankfurt, destacando 'Barbantesa' que Bardelás traduce alemán, inglés, e portugués, ademais de dirixir a revista dixital 'Ellectorperdido.com'.

Te puede interesar