condado/louriña

75.000 euros para a humanización da rúa Progreso na Cañiza

Visita de supervisión aos traballos na rúa Progreso.
photo_camera Visita de supervisión aos traballos na rúa Progreso.

O Concello da Cañiza, dento do plan Hurbe da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, conta cunha achega para desenvolver a humanización da rúa de 75.500 euros, segúndo concretou ao alcalde, Miguel Domínguez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís na súa visita ao municipio o xoves.    
    Os traballos que se están a cesenvolver consisten, no primeiro tramo da rúa, ao longo de 105 metros, na execución da beirarrúa da marxe dereita de xeito similar á da marxe esquerda, que conta con beirarrúa de baldosa de formigón de 5 metros de ancho e aproveitamento para aparcadoiro. Na nova beirarrúa o ancho será de 2,25 metros, con baldosas de formigón de cores gris e brancas, acabadas con baixorelevo sen pulir. Ademais, tamén se están a instalar -a intervalos regulares-, tres farolas con tecnoloxía led, con dúas árbores a ambos lados. Deste xeito, redúcese o consumo e mellórase a eficiencia enerxética da instalación.
No segundo tramo da rúa, ao longo de 820 metros, estase a realizar unha beirarrúa no espazo que se atopa entre a canle para a drenaxe da estrada e os muros de peches das parcelas das vivendas existentes, dotándose tamén aos novos farois de tecnoloxía led. 
  “Deste xeito, á marxe do vial dótase dunha beirarrúa de acceso a vila para que os veciños se poidan desprazar nunhas mellores condicións de seguridade viaria”, segundo explicou Cores Tourís na súa visita de supervisión. Ademais, as actuacións comprenden tamén a mellora da Carballeira do Cacharado, para usos de lecer dos, coa renovación de 10 mesas de pedra de granito con dúas bancadas cada unha.

Te puede interesar