n n n O tan ansiado premio do público do Festival Primavera do Cine á mellor longa lusa foi para Hugo Prata e o seu filme “Elis”, mentres que Xiana do Teixeiro foi a gañadora do premio á mellor longa galega grazas a “Tódalas mulleres que coñezo” .
Despois de cinco días cheos das mellores obras galegas e lusófonas,
diferentes actividades paralelas de gran éxito, como o cine nos barrios, coa proxección en Coia e Teis de Vigo 1972, a Mostra de Cinema Brasileiro ou o Cine Miúdo, o Primavera do Cine despediu a súa sétima edición cunha gala de clausura repleta de humor, música e moitas emocións.
Os primeros premios en darse a coñecer foron o premio á mellor curta lusa, outorgado a Lucas H. Rossi por “O vestido de Myriam”, e o premio á mellor curta galega onde houbo un máis que merecido empate entre “La mujer invisible”, sobre a prostitución en Vigo, de Noemí Chantada e “Matria”, de Álvaro Gago .
Xa a piques de rematar a noite, o xurado profesional outorgou os premios á mellor longa lusa e á mellor longa galega. Así, os vencedores foron Pedro Pinho coa sua obra “A fábrica de nada”, e Diana Toucedo con “30 lumes”.n