AGENDA

Homenaxe a Xohana Torres en Andel que presenta Ferrín

Será a partir das 20 horas na librería ubicada na rúa Camelias 102

A librería Andel está na rúa Camelias.
A librería Andel está na rúa Camelias.
Homenaxe a Xohana Torres en Andel que presenta Ferrín

nnn A librería Andel (Camelias, 102) acolle esta tarde a partir das 20 horas unha homenaxe a Xohana Torres que estará presentado por Xosé Luís Méndez Ferrín. Está prevista a intervención de Ana Romaní, Chus Pato, Darío Xohán Cabana e Francisco Fernández Rei. A homenaxe -aberta a quen quera- terá dúas partes coa leitura da súa obra por catro persoas durante 15 minutos e logo coloquio sobre Torres e a súa vida.
Na presentación do acto, Xosé Luis Axeitos destacou que Xohana Torres foi "unha poeta con matria, Galicia", mentres que Méndez Ferrín destacou a conexión cultural e social Vigo-Ferrol, xa que a escritora era da cidade do Norte pero escolleu vivir en Vigo "como moitos, mesmo Torrente Ballester". n