AGENDA

Arte na unidade de Obstetricia do hospital Álvaro Cunqueiro

A artista viguesa Ana Soler realizou a doazón dun cadro ao Hospital Álvaro Cunqueiro
A artista viguesa Ana Soler realizou a doazón dun cadro ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Arte na unidade de Obstetricia do hospital Álvaro Cunqueiro

A artista viguesa Ana Soler realizou a doazón dun cadro ao Hospital Álvaro Cunqueiro, para humanizar a Unidade de Xinecoloxía. A obra, titulada “Complicidad”, mide 2x1 metros e combina as técnicas de acrílico e collage.  Soler, licenciada en Bellas Artes, realizou exposicións individuais e colectivas en toda Galicia. Na foto, Ana Soler, a supervisora Pilar Reimundez; o xerente Félix Rubial e o xefe de servizo, Carlos López Ramón y Cajal.